Skip to main content
Guitiriz

Xermolos presenta os gañadores do XLIV Certame Terra Chá

Por 21 Xuño, 2023Sin comentarios

A asociación Xermolos de Guitiriz vén de comunicar os gañadores do XLIV Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil, un concurso vinculado ao Festival de Pardiñas. Neste concurso participaron nas especialidades de contos, debuxo, poesía, teatro, documentais, fotografía, cómic, murais, grafiti, vídeo-creación, improvisación oral, regueifas e rap.

Os premios van ser entregados o sábado 6 de agosto dentro das actividades do Festival de Pardiñas, ás 7 da tarde no Campo da Feira de Guitiriz. Toda esa xornada vai haber actividades coma música, obradoiros, grafiti, xogos, etc.

A lista de premiados pode consultarse neste enlace.

Os galardóns concedéronse nos niveis de educación infantil, nos tres ciclos de Primaria, os dous de Secundaria e en bacharelato e FP. Houbo premios para os tres mellores de cada nivel e especialidade, que se repartirán en material e libros valorados en 60 euros para o primeiro; 50, para o segundo, e 30, para o terceiro. Tamén haberá premios para os traballos colectivos, todos eles con lotes de libros.