Skip to main content
Guitiriz

Abre o prazo o luns para inscribirse nos cursos de natación de Guitiriz

Por 24 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abrirá o luns, 26 de xuño, o prazo de inscrición para os cursos de natación que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto na piscina municipal e que están dirixidos a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2011 e 2019, ambos incluídos.

O período de inscrición finaliza o xoves 28 de xuño e as persoas interesadas poderán formalizala por sede electrónica en guitiriz.sedeelectronica.gal ou de xeito presencial no Rexistro da casa consistorial de 8:30 a 14:30 hora. As prazas están limitadas a 32 e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.

Os cursos darán comezo o luns 3 de xullo e levaranse a cabo todos os luns e os xoves dos meses de xullo e agosto en horario de 12 a 12:45 horas e de 13:00 a 13:45 horas. O xoves estará reservado para a Asociación Alume, de 12 a 12:45 horas, e o venres para o campamento concilia vacacións, de 12 a 13:45 horas.

Para máis información, no teléfono do Concello 982 370 109 ou no correo electrónico deportes@concellodeguitiriz.com