Skip to main content
Meira

Meira contará cun campamento de verán no mes de xullo

Por 15 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Meira organizan un campamento de verán na localidade durante o mes de xullo dirixido a menores de 3 a 12 anos.

As actividades, que se desenvolverán de luns a venres, están fixadas en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, desde o 3 ao 31 de xullo. Os participantes poderán gozar de xogos de animación, mesa ou tradicionais, talleres, piscina, excursións, multideporte, busca do tesouro, etc.

As persoas interesadas en sumarse ás actividades de verán poden solicitar máis información ou inscribirse enviando un whatsapp ao número 629 302 039 antes do 28 de xuño.

O prezo é de 90 euros por quincena, 140 por mes e 125 por irmáns.