Skip to main content
Meira

Meira prepara a súa noite de San Xoán

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

Continúa este ano en Meira a celebración do San Xoán, na tarde noite do día 23.

A partir das 20.00 horas os veciños da localidade están invitados a degustar unha sardiñada e unha torreznada que se celebrará na praza Maior, animados pola música dunha charanga.

A fogueiras serán novamente as protagonistas desta celebración. O concello avisa de que en caso de choiva esta sesión farase no Cabanón do Convento.