Skip to main content
Meira

A fotógrafa meirega Catara Rego, recoñecida por Photo España por un proxecto da Terra Chá

Por 25 Xuño, 2023Xuño 26th, 2023Sin comentarios

A fotógrafa meirega Catara Rego foi a gañadora do premio Descubrimentos Photo España 2023 polo seu proxecto Zona de Sacrificio.

Este galardón, que foi recibido xunto ao premio Photo España e tamén ao Mellor libro do Ano e Festival Off, ten como premio unha exposición durante a próxima edición do festival.

Catara Rego (Meira, 1996) é artista e deseñadora gráfica. O seu primeiro proxecto parte da investigación que levou a cabo para o Traballo Final de Grao, titúlase Galizia, un percorrido pola pegada no país despois da Segunda Guerra Mundial.

Zona de sacrificio é un percorrido por diferentes lugares de Galicia que se dedicaron á explotación dos recursos naturais, un proxecto en marcha que quere levar máis alá da fotografía. De feito, todos os traballos da artista contan cunha fase de investigación. Recompila información a través de artigos e libros, visita os lugares que fotografía e documenta os lugares escollidos despois.

Algunhas das imaxes son o Monte Neme, pero a gran parte do proxecto é todo realizado na zona da Terra Chá e da Mariña, onde vai constantemente.

A autora define esas zonas de sacrificio como áreas xeográficas, xeralmente de gran valor natural, destinadas a explotación e obtención dalgún tipo de recurso. Son lugares seleccionados para un fin económico, onde cuestións medioambientais e sociais quedan supeditadas a os intereses das grandes empresas.