Skip to main content
Muras

Muras acolle un obradoiro o vernes sobre o solsticio de verán

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

Coindicindo cunha data tan especial como a de San Xoán, Afalu e o Concello de Muras organizan un obradoiro co título Solsticio de verán.

Así, as actividades desa xornada no concello estarán enfocadas en lembrar costumes tradicionais da noite máis máxica de Galicia. Coa axuda das frores e plantas vencelladas a esta celebración do solsticio de verán enfocarase a sesión en realizar dinámicas de reminiscencia, laborterapia e ludoterapia, ademáis de algunhas sorpresas que sempre se gardan.

Esta sesión será na Casa do Médico ás 17:00 deste venres 23.