Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei acolle un obradoiro de plantas medicinais

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

O centro cultural de Outeiro de Rei acolle este xoves e venres un obradoiro de identificación e procesado de plantas medicinais, que terá lugar de 16:00 a 20:00 horas.

O obxectivo do curso é desfrutar da ampla diversidade botánica da zona e coñecer as características medicinais das plantas da contorna e aprender a procesalas. A encargada da formación é Lola Tourón e está organizado polo Sindicato Labrego Galego.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado coa Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera de Terras do Miño.