Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A casa museo de Manuel María peche a programación cunha xornada astronómica

Por 15 Xuño, 2023Sin comentarios

A Casa-Museo Manuel María pecha este sábado a súa programación de primavera e faino cunha actividade de observación astronómica, a partir das 23 h, desde a capela de Santa Isabel, en Outeiro de Rei. A observación guiada do ceo a simple vista ou con prismáticos, será levada a cabo por Martín Pawley, da Agrupación Astronómica Ío, entidade que impulsou a proposta e a aprobación, coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, de que unha estrela fose nomeada Rosalíadecastro por parte da Unión Astronómica Internacional.

Martín Pawley aprenderá, no decorrer da actividade deste sábado, a recoñecer, por parte das persoas asistentes, algunhas constelacións características do ceo de verán, e a orientarse coa axuda do firmamento. Observarán, cos binóculos, algúns obxectos do ceo profundo, entre eles a estrela Rosalíadecastro. Durante a actividade tamén se irán explicando cuestións científicas sobre o ceo (tipos de estrelas, evolución estelar…), así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento. Convídase ás persoas que asistan, que se dispoñen, traian os seus propios prismáticos para a observación.

Previamente, e a partir das 21.30 hoas, na mesma Casa-Museo Manuel María, o propio Martín Pawley desenvolverá un obradoiro para montar un Planisferio Celeste (mapa das estrelas). Aprendendo, posteriormente, a usalo para identificar as constelacións que se poden ver no ceo de Galiza en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e dos días. O obradoiro vai dirixido para persoas maiores de once anos.

As persoas interesadas en asistiren ás dúas actividades ou a calquera das dúas, poden inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. As actividades son gratuítas.