Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O grupo Arizona actuará en Outeiro de Rei como prato forte das festas e a Feira de Artesanía

Por 28 Xuño, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

A Praza do Concello de Outeiro de Rei acollerá este sábado día 1 de xullo a actuación do grupo Arizona a partir das 23:00 h.

Esta actuación é unha iniciativa do Concello de Outeiro de Rei para que veciños e veciñas do municipio que este ano non celebra as súas tradicionais Festas de Santa Isabel e todas as persoas que o desexen poidan gozar dunha noite especial, na que tamén haberá un momento singular para a tradicional sesión de fogos artificiais cos que despediremos a décimo quinta edición da feira de artesanía, quedando despois moita noite aínda para seguir gozando da música.