Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade mantén aberto o prazo de solicitude para as cacharelas

Por 21 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Rábade ten aberto o prazo para solicitar a realización de cacharelas de San Xoán, que se ten que realizar no propio Concello firmando unha declaración responsable.

O Concello lembra que non se poderán realizar cacharelas en terreos que teñan natureza forestal, ou que estean preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume, nin baixo o arboredo de parques e xardíns.

As cacharelas realizaranse en parcelas privadas (sen acceso ao público en xeral) polo que non poderán facerse en vías públicas pavimentadas, nin en zonas verdes ou xardíns, lugares próximos a liña eléctrica, inmobles, liñas eléctricas e naqueles onde poida crearse situacións de perigo. Terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, coas casas e os edificios mais cercanos.

A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión non superará os 6 metros de ancho.

Para a combustión só poderá empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira. Estará prohibido o uso de materiais inflamables como rodas e cubertas de goma, plástico ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, explosivos, fedorentos ou tóxicos.

Deberase deixar apagado o foco antes de marcharse; en caso de vento non se poderá levar a cabo o prendido da mesma.