Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Fin de curso cun xantar para as actividades sociais en Riotorto

Por 19 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Riotorto clausura as súas actividades sociais cunha comida que terá lugar o martes 27 de xuño a partir das 14:30 horas.  O xantar estará amenizado polo dúo Carpe Diem e contará con empanadillas, fabada asturiana e codillo ao forno con patacas e ensalada, sobremesa e café no menú, que terá un prezo de 20 euros por persoa.

A celebración, aberta a todo o público, terá lugar na casa da cultura de Riotorto a e a data limite de inscrición é o 25 de xuño. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.

As actividades desenvolvéronse durante todo o ano para adultos e maiores.