Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Antón Niñe presenta en Riotorto o seu libro sobre os escultores da familia de Xosé Rivas

Por 21 Xuño, 2023Sin comentarios

O centro sociocultural de Riotorto acolle este sábado, ás 13.00 horas, a presentación do libro Unha familia de escultores. Xosé Rivas e fillos. De Riotorto camiño a Compostela, obra de Antón Niñe Fernández.

O acto de presentación contará coa participación do alcalde da localidade, Clemente Iglesias; do presidente da Xunta de Confraías da Semana Santa de Viveiro, editora do libro, José Veiga Golpe, e do propio autor.

José Niñe é veciño de Foz. Foi Profesor de Relixión no IES Perdouro de Burela. Exerceu a presidencia da A.C. Os Matos. Durante varios anos coordinou a revista Maruxía e diversos traballos de investigación publicados pola Asociación.

Colabora coa parroquia Santiago de Foz e con diversas institucións e asociacións da vila e da Mariña.

Ten publicados moitos artigos en prensa e colaborado en programas de radio e televisión. Tamén realizou varias exposicións de fotografía.

No ano 2004 o Concello de Foz concedeulle o Premio “Manuel María” polo seu labor cultural.