Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Club de Loitas Olímpicas Vilalba regresa do histórico torneo de Xixón con 7 metais

Por 13 Xuño, 2023Xuño 14th, 2023Sin comentarios

Un total de 7 metais e un cuarto posto foron os principais resultados individuais do Club de Loitas Olímpicas Vilalba no XXIV Torneo do Real Grupo Cultural Covadonga de Xixón. Os xogadores foron convocados pola selección galega para loitar neste torneo histórico.

O club aportou case a totalidade dos representantes galegos da categoría base alevín, e tiveron a oportunidade de participar por primeira vez coa selección galega despois de acadar o 1º posto na liga galega de deporte base.

Na categoría alevín masculina, en menos de 35 kg Omar Guerreiro fíxose co ouro e Lucas García co bronce. En Mmenos de 40 kg o ouro foi para Antón González e Marco Gaute volveu cun magnífico cuarto posto. En menos de 45 kg Bruno Pintos  foi prata e en menos de 50 Kg o primeiro posto ocupouno Héctor Somoza.

Tamén houbo premio para o club vilalbés na categoría feminina na que Lara Fernández trouxo a prata en menos de 40 kg.

O noso deportista Kevín Cuba tamén puido loitar na categoría sénior despois de obter o permiso federativo e da organización para poder participar coa autorización paterna ao tratarse aínda dun deportista cadete de primeiro ano. Aínda así Kevin acadou a prata na categoría de sénior de menos de 97 kg.

A selección galega que tamén estivo formada por deportistas do Club de Loita Lugo e o San Ignacio de Vigo rematou en 2ª posición por equipos despois do equipo anfitrión, o Real Grupo Cultura Covadonga.