Skip to main content
Vilalba

O Iescha proxecta este domingo en Vilalba ‘As Bestas’

Por 15 Xuño, 2023Sin comentarios

O domingo 18 de xuño de 2023, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe As Bestas, do director Rodrigo Sorogoyen.

Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online na páxina https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional (ao igual que acontecera con Matria), aboar a cantidade de 3,50 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.

Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou fai un tempo nunha vila do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión medre na vila ata chegar a un punto de non retorno.