Skip to main content
Vilalba

Elba Veleiro será investida alcaldesa logo de chegar a un acordo con Vilalba Aberta e BNG

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal Socialista de Vilalba será o responsable de xestionar ás areas de; infraestruturas urbanas, medio ambiente urbano e natural, servizos sociais, economía, facenda, servizos municipais, réxime interior, seguridade cidadá, feiras, mercados, promoción do deporte, igualdade e xuventude.

Os socialistas de Vilalba, Vilalba Aberta e o BNG, acordan investir a Elba Veleiro como alcaldesa para o mandato 2023-2027, na sesión plenaria que se celebrará mañá sábado ca casa consistorial da capital da Terra Chá. Ademais, o PSdeG asinou un pacto con Vilalba Aberta para gobernar o Concello nos vindeiros 4 anos.

Deste xeito cómprese o mandato dos vilalbesas e vilalbesas das pasadas eleccións municipais que maioritariamente apostaron para que sexan as forzas progresistas da esquerda ás que gobernen o Concello de Vilalba.

Neste proceso de acordo estivo sempre presente o BNG, aínda que declinou entrar no Goberno Municipal, comprometeuse a apoiar a investidura de Elba Veleiro. O documento de acordo foi asinado polo secretario xeral da Agrupación Socialista de Vilalba, Eduardo Vidal Baamonde e a presidenta de Vilalba Aberta, Mónica González Fernández. Nel recóllense os principios xerais de actuación, as medidas de aplicación transversal das distintas área de goberno, así como as medidas de acción programática a curto e medio prazo.

Dito acordo recolle tamén as delegacións de área que corresponden a cada formación política. Polo tanto, o Grupo Municipal Socialista de Vilalba será o responsable de xestionar; infraestruturas urbanas, medio ambiente urbano e natural, servizos sociais, economía, facenda, servizos municipais, réxime interior, seguridade cidadá, feiras, mercados, promoción do deporte, igualdade e xuventude.

E no que respecta a Vilalba Aberta levará as areas de: Urbanismo, infraestruturas rurais e planeamento industrial, cultura, comercio, turismo e promoción da lingua.