Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalba FS organiza o primeiro torneo de fútbol sala de base

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

O Municipal de Vilalba acollerá este sábado, 17 de xuño, o primeiro Torneo de Fútbol Sala Base Grupo Forma-T Vilalba FS, no que participarán un total de 5 equipos da categoría alevín e catro da benxamín.

A competición dará comezo ás 9.30 horas e a previsión é xogar as finais ás 19.30 e ás 20.00 horas cun descanso para xantar.

Participarán xogadores das localidades da contorna, Abadín, Guitiriz, Cospeito e As Pontes, ademais de Vilalba. Xogarán durante o día unha fase de grupos e á final irán os dous primeiros clasificados en cada categoría.