Skip to main content
Vilalba

Hoxe dan comezo en Vilalba as festas de San Xoán

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán arranca hoxe coa celebración, un ano máis, das festas na honra do seu patrón.

Estas darán comezo co concerto presentación das Pandereteiras Lambe Lambe, de Vilalba. Esta actuación será previa ao tradicional acendido do lume de San Xoán coa participación da Escola Municipal de Teatro.

Pasada a medianoite terá lugar o concerto de Delaostia, que ofrecerá versións dos 70 e 80 do pop español.

O sábado 24 a programación arrincará ás 14.00 horas, coa sesión vermú a cargo do grupo Noxo me Das, tamén de Vilalba, que utilizará esta sesión para debutar ante o público. Pecharase a programación coa actuación do Teatro de Maionetas Monstrógolo.