Skip to main content
Vilalba

O Iescha organiza unha nova sesión do ciclo sobre mulleres galegas

Por 25 Xuño, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 30 de xuño de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a conferencia Achegas feminista no itinerario de Exeria, a cargo de Marisa Vidal Collazo, profesora, escritora, teóloga e feminista galega, a partir dun libro da súa autoría que leva o mesmo título. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Esta será a quinta conferencia correspondente ao ciclo Mulleres Galegas, programado polo Iescha para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de Germán Castro, que
falou da científica galega Ángeles Alvariño; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por Vanesa Siso e levaba por título: A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”; a terceira, no mes de abril, impartida por Luz darriba co título Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares, e a cuarta, a cargo de Ricardo Polín, no mes de maio, titulada A que fía, ama e ora. Estampas da muller
tradicional na literatura de costumes (e no gravado antigo).