Skip to main content
Vilalba

Sancovade organiza un torneo de fútbol entre os afeccionados a catro equipos de Primeira

Por 28 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Santiago de Sancovade organizou un torneo de fútbol para afeccionados do Deportivo, Celta, Real Madrid e Barcelona.

Están polo tanto convocados todos os seareiros e seareiras destes catro equipos que disputarán dúas semifinais. A primeira será ás 12.00 horas entre os dous galegos e a segunda, ás 13.30 entre os outros dous. Poderán ser equipos mixtos e cada partido terá unha hora de duración con 15 minutos de descanso.

Loitarán polo terceiro e cuarto posto os vencedores, ás 17.00 horas, e a final será ás 18.30 horas.

A organización ten previstos uns petiscos para rematar a xornada.