Skip to main content
Vilalba

O Iescha convoca para o día 9 a XX edición da Ruta Chairega

Por 29 Xuño, 2023Xullo 13th, 2023Sin comentarios

O domingo 9 de xullo de 2023, o Iescha organiza a XX Ruta Chairega, que recorrerá nesta ocasión as terras de Guitiriz, pola Ruta do Río Requeixo.

Ao finalizar a ruta, terá lugar o xantar, nesta ocasión será servido no restaurante Merendero, nos Vilares.

A cuota a pagar será de 25 € por adulto (menores acompañados, 5€) (inclúe a comida e o autobús).

O traslado dos participantes farase en autobús dende Vilalba ata o inicio da ruta en Roca, saíndo das inmediacións da Casa da Cultura ás 9:30 horas e retornando á tardiña.

Os/as interesados/as poden apuntarse contactando con calquera membro da Xunta Directiva do Iescha, ou por correo electrónico (estudoschairegos@gmail.com), como moito, ata xoves, día 6 de xullo, ás 20:00 horas.

A Ruta do Río Requeixo de Guitiriz ten como sinais de identidade a natureza envolvente e atemporal, as estruturas construídas polos veciños da zona ao longo do tempo para sortear o río e os restos dos muíños que outrora eran punto de encontro, alimentados por esas augas que o unifican todo.

Dende a ponte de Roca, na parroquia de Roca, onde o río leva ese nome, ata a Ponte do Porto dos Bois (ou viceversa), linde entre Os Vilares e O Buriz, pasando por Trasparga, Santa Cruz e San Salvador, o camiñante remonta o río (ou segue o seu curso) en nove quilómetros para ver… e sentir.