Skip to main content
Vilalba

A Charanga 555 organiza no Santo, Vilalba, a I Festa da Tortilla

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

A Charanga 555 organiza este vernes, a partir das 20.30 horas a I Festa da Tortilla, que se desenvolverá no bar O Segundo, na localidade vilalbesa de O Santo.

A sesión contará con varias actuacións musicais entre as que figuran Árdell eo Eixo, de Sancovade; Cerna de Árbol, de San Lorenzo; CadaBatú, de Lugo, os Pre+Asubíos da Chaira de Cospeito e a propia organizadora.

Serán unha serie de concertiños dunha media hora de duración que se irán sucedendo ata as 23.00 horas.