Skip to main content
Xermade

Xermade acolle o venres a representación de ‘Limbo’

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

O venres 23, antes de comer as sardiñas, a veciñanza está convocada a desfrutar dunha pequena obra teatral, de só 25 minutos de duración, na Biblioteca Municipal de Xermade. Trátase da obra Limbo, de A Formiga Produccións, que se poderá ver ás 20.30 horas. Está dirixida a público adulto.

Unha inquietante asesina a soldo chega ás portas do máis alá, onde atopa un canso porteiro que, por algunha segreda razón, non lle deixará pasar tan rápido como debera… como rematará a historia?

A representación forma parte do Programa Dinamiz-ARTj, co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).