Skip to main content
Xermade

Veciños de Roupar celebran este venres unha noite meiga

Por 20 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Roupar, en Xermade, organiza este venres unha noite meiga con motivo da celebración do San Xoán.

Así, está previsto, a partir das 21.30 horas a tradicional fogueira, na que se desfrutará de liscos, xamón cocido,, patacas con pela, arroz, sobremesa e café con chupito.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse nos bares, na farmacia da Casanova ou chamando aos teléfonos 660 228 252 ou 678 063 111. O prezo da comida é de 14 euros para os non socios e de 10 para os que si o son.

O último día para anotarse é este mércores, 21 de xuño.