Skip to main content
Xermade

A presidenta de asociacións de galegos na emigración fixo unha parada en Xermade

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O concello de Xermade recibiu a visita de Juana Caridad Fernández Pérez, presidenta de varias sociedades culturais con sede na Habana (Cuba), que nestes días se atopa percorrendo Galicia. Estivo acompañada de Isidro Cillero, presidente da Liga Santaballesa de Vilalba.

Xunto ao alcalde do Concello de Xermade, Roberto García Pernas, e José Prieto Barr,o como tenente-Alcalde, mantívose un encontro que permitiu abrir unha canle de comunicación entre institucións co gallo de dar visibilidade ao patrimonio que herdamos, primeiro dos emigrantes da contorna e despois dos seus fillos e fillas.

Juana Caridad representa á Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Capela e a Agrupación de Sociedades representativas de municipios y parroquias de Galicia en La Habana.