Skip to main content
Xermade

O parque de Sotavento aposta pola hibridación eólica-fotovoltaica

Por 27 Xuño, 2023Sin comentarios

Sotavento aposta pola hibridación eólica-fotovoltaica, un sistema que consiste na xeración de electricidade a partir de dúas ou máis fontes renovables, compartindo un mesmo punto de conexión. Deste xeito unirá á xeración eólica xa existente a unha planta fotovoltaica de 100 kW sen necesidade de aumentar infraestruturas.

Dita instalación cubrirá a demanda eléctrica dos distintos edificios do Parque e verterá os excedentes á rede, evitando a emisión de máis de 37 Toneladas de CO2 anuais e reducindo a dependencia enerxética doutros países.

Este tipo de hibridación eólica-fotovoltaica é unha ferramenta eficaz para subministrar enerxía autóctona, inesgotable e eficiente, aproveitando as infraestruturas de evacuación xa existentes e avanzando na consecución dos obxectivos de redución de emisións e dos prezos da luz no noso país.

Ademais, este sistema híbrido pasará a complementar os recursos didácticos para continuar desenvolvendo os obxectivos do plan de educación enerxética de Sotavento que, iniciado no ano 2002, acumula máis de 292.000 visitantes.

Durante este curso académico 2022-2023, acadáronse máximos de participantes nas actividades e recibíronse personalidades como o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Por outra banda neste período aumentouse o equipamento divulgativo ca instalación no exterior dunha pala real onde podemos comprobar a forma, materiais e características da mesma. Ademais acometerase a renovación dos paneis e metacrilatos, xerando un espazo máis atractivo e didáctico na contorna.

De cara ao verán, Sotavento aumenta os seus contidos exteriores ca incorporación dunha pa real onde comprobar dimensións, materiais e características construtivas. Ademais, renovará paneis, metacrilatos, maquetas e paseos que farán máis atractiva a visita polas zonas externas do Parque.

O Parque Eólico Experimental Sotavento estará aberto durante o verán. Para visitalo, é imprescindible concerto previo a través do teléfono 981563777.