Skip to main content

A iniciativa ‘Terras Diversas’ celebrarase na Pobra do Brollón e Monforte para reivindicar o Orgullo

Por 27 Xuño, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos acollen dous días, un en cada localidade, de celebración do Orgullo na Terra de Lemos baixo o nome de ‘Terras Diversas’ os vindeiros 30 de xuño e 1 de xullo.

Pola súa parte, na Pobra do Brollón, o 30 de xuño terá lugar o evento ‘Gai-maras’, que acollerá a proxección do filme ‘Alex and Munchie: Contra o Cisheteropatriarcado’ coa presentación por parte das directoras na Casa da Cultura Olga Novo ás 20.30 horas. Despois, ás 22.00 horas haberá un obradoiro de Baile Tradicional e unha Foliada Quir.

En Monforte, as actividades terán lugar o 1 de xullo baixo o nome de ‘ManiFESTAçom’, que comezará ás 20.00 horas cunha manifestación na praza do campo de San Atnón e, ás 22.00 horas, celebrarase a Festa na Cervecería Mulligans coa amenización de Riquinha DJ.