Skip to main content
Burela

Os nenos de Burela coñeceron as algas que se poden atopar nos areais

Por 18 Xullo, 2023Sin comentarios

As monitoras de Gaia organizaron unha actividade co obxectivo de dar a coñecer as algas que se poden atopar nos areais de Burela.

Para iso fixeron un roteiro entre O Cabaliño e Ril e explicáronlles aos participantes “como as correntes mariñas trasladan as algas dunhas praias a outras, polo que un día unha praia pode estar chea delas e ao seguinte non contar con ningunha”. E fixeron fincapé “na importancia que teñen, xa que producen osíxeno permitindo a respiración de moitos organismos acuáticos e serven de zona de refuxio de hábitats para milleiros de especies”.

A xornada rematou coa elaboración dun caderniño no que reflectiron todo o aprendido.

A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez, comentou que “continuamos con actividades moi diversas para as nenas e os nenos maiores que acoden á Ocioteca de verán. Consideramos que é interesante que aprendan a importancia que teñen as algas para o medio mariño e que estean en constante contacto coa natureza. Deste xeito aprenderán a respectala cada día un pouco máis”.