Skip to main content
Foz

A casa da cultura de Foz acolle unha nova edición das Xornadas de historia local

Por 26 Xullo, 2023Sin comentarios

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle  do 31 de xullo ao 1 a 3 de agosto unha nova edición das Xornadas de historia local organizadas pola asociación A Pomba do Arco.

Este colectivo focego organiza estas xornadas desde fai 25 anos e sempre contan cun tema central que abrangue todos os actos, nesta ocasión as charlas serán na casa da cultura de Foz ás 20.30 horas.

A programación das xornadas deste ano comezará o luns 31 de xullo con Antón Niñe e A virxe mariñeira de Xosé Rivas, o martes 1 de agosto Alexandre Vigo falará sobre San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximun.

O mércores 2 será a quenda de Xavier Rivera e A II Guerra Mundial na Mariña, e o xoves 3 de agosto e Alba Díaz e Os motíns na Mariña do século XIX.