Skip to main content
Foz

A asociación O Noso Foz, organiza xunto o Concello, diversos actos para celebrar San Lourenzo

Por 29 Xullo, 2023Sin comentarios

A asociación O Noso Foz, organiza xunto o Concello,  diversos actos para celebrar San Lourenzo que inclúen moita música. Esta cita será dende os días 8, 9, 10 e 11 de agosto.

As festas comezarán o martes 8 de agosto ás 20.30 horas co pregón a cargo de Francisco Javier Alonso ‘Chingla’, no Campo da Cabana. Acto seguido será o concerto de Mar aAberto tamén no Campo da Cabana.

O mércores 9 a xornada comezará ás 22.30 horas coa verbena a cargo do grupo Beatriz e a orquestra Fania Blanco Show na explanada portuarioa.
O xoves 10 será a quenda da sesión vermú ás 14.00 horas coa orquestra Miramar na explanada portuaria.

Pola noite ás 21.30 horas será o concerto do trío Nostalgias de Vigo, na praza Conde de Fontao. A medianoite haberá un espectáculo pirotécnico de fogos de artificio seguido da verbena coas orquestras Miramar e Finesterre.

O venres 11 na explanada portuaria haberá verbena coa orquestra Marbella e grupo Bomba ás 22.30 horas.

Ademais a asociación O Noso Foz vén de publicar o libro das festas que ademais de interesantes artigos, conta coa programación do verán.