Skip to main content
BarreirosO Vicedo

O BNG propón abrir ao tráfico comercial o dique norte de Morás

Por 20 Xullo, 2023Sin comentarios

Na recta final da campaña o BNG sigue apostanto fortemente polas infraestruturas para evitar o illamento da comarca, e neste caso os nacionalistas fan fincapé unha vez máis nas infraestruturas portuarias,a todas luces  imprescindibles para o desenvolvemento económico da Mariña. O candidato e cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Daniel Castro insiste na necesidade urxente  de proceder á liberación do Dique Norte de Alcoa. 

“A multinacional Alcoa tén o uso exclusivo do Porto de San Cibrao. Hai acordos de todas as forzas políticas en todas as institucións para a liberación do dique norte para usos comerciais. E é máis:  por parte de Portos de Galicia realizouse  un Informe de Viabilidade da apertura do dique norte de San Cibrao-Morás ao tráfico comercial no que se demostra a viabilidade operativa, construtiva, de tráfico e económica. Non entendemos pois as negativas de Psoe e PP cando tiveron ou tenen responsabilidades de goberno no Estado,  a realizar as xestións oportunas ante a multinacional para acadar esta infraestrutura tan necesaria”, afirmou Castro.

Autoridade Portuaria de San Cibrao

O candidato mariñao vinculou a creación desta infraestrutura á creación dunha Autoridade Portuaria propia para San Cibrao, pois Lugo  é a única provincia marítima que non ten Autoridade Portuaria Propia. A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, con sede en Ferrol nútrese maiormente dos ingresos que xera o porto comercial de San Cibrao, pero os investimentos tanto no que corresponde ao Estado coma á propia Autoridade Portuaria non veñen para esta comarca, e se veñen son cantidades irrisorias. “Desde o BNG consideramos que os beneficios que xenera o porto de San Cibrao deben reverter no desenvolvemento económico da Mariña, e por eso pensamos tamén que a adaptación do dique norte para abrilo ao tráfico comercial sería unha boa oportunidade para resarcir ao porto e á comarca de tantos anos de déficit en  investimentos polo que é necesario reverter esa situación anómala e inxusta e para iso consideramos necesario e urxente  crear a Autoridade Portuaria de San Cibrao vinculada á nosa provincia marítima”, concluíu o candidato nacionalista.