Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAViveiro

Últimas entradas para a décima edición do Festival Bal y Gay

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

Queda un mes para o comezo do Festival Bal y Gay 2023 e crece a expectación por gozar novamente da excelencia musical en espazos máxicos da Mariña.

Tras esgotarse os abonos, vendéronse todas as localidades para as actuacións de Kebyart, Sara Ferrández, Maria João Pires (dous pases), Trío VibrArt, Orquestra Sinfónica de Galicia e Quinteto Zoar. Con todo, aínda hai entradas dispoñibles para os concertos de Real Filharmonía de Galicia, Rocío Pérez, Cuarteto Quiroga (primeiro pase), Conrado Moya con Katarzyna Myćka, Opera Omnia e Konstantin Krimmel.

O Festival Bal y Gay é único a nivel nacional. Enche cada ano A Mariña de música en vivo de calidade, afianzando esta comarca lucense como destino cultural de referencia en Galicia e España. Ademais, desexa facilitar que a poboación local goce dunha programación musical de excelencia en espazos extraordinarios onde a música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona.

PROGRAMACIÓN ‘FESTIVAL BAL Y GAY 2023’

  • -Real Filharmonía de Galicia con Maximino Zumalave (día 10, Teatro Pastor Díaz de Viveiro)
  • -Kebyart (día 12, Fortaleza de Alfoz)
  • -Rocío Pérez (día 13, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo)
  • -Sara Ferrández (día 14, Iglesia de Lourenzá)
  • -Maria João Pires (día 15, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo)
  • -Cuarteto Quiroga (día 16, Basílica de San Martiño de Foz)
  • -Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt (día 18, Pazo do Conde de Fontao de Foz)
  • -Conrado Moya e Katarzyna Myćka (día 19, Fábrica de Sargadelos de Cervo)
  • -Opera Omnia (día 20, Iglesia de Santiago de Foz)
  • -Konstantin Krimmel (día 21, Catedral de Mondoñedo)
  • -Quinteto Zoar (día 22, Benquerencia, Barreiros)
  • -Orquestra Sinfónica de Galicia (día 24, Catedral de Mondoñedo)