Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A III Quedada de vehículos Feira do Bonito de Burela será o 5 de agosto

Por 6 Xullo, 2023Agosto 18th, 2023Sin comentarios

A Asociación Autoclásicos A Mariña lucense informou que está a preparar a III Quedada de vehículos Feira do Bonito de Burela que será o 5 de agosto de 2023.

Esta nova edición contará co apoio do Concello de Burela e da Sociedade Cultural Ledicia de Burela, empresas e institucións que habitualmente colaboran para levar adiante a Feira do Bonito.

Esta cita terá unha degutación de bonito do norte á grella, cocido, en empanada e en tapa de salpicón. E para participar será necesario anotarse chamando aos teléfonos 650 046 889 ou 675 945 124. O prezo da inscrición é de 15 euros por persoa.