Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Ven de presentarse unha nova edición da Feira de Artesanía Os Muíños de Mondoñedo

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

Ven de presentarse unha nova edición da Feira de Artesanía Os Muíños, en Mondoñedo, que leva celebrándose dende o ano 2004. Á presentación asistiron a Concelleira de Turismo, Camiño Norte e Asociacionismo, María Patricia Otero Doural, xunto cos artesáns titulares dos obradoiros dos Muíños de cantería, olería e monicreques.

A presente edición celebrarse o vindeiro sábado día 29 de xullo do 2023 e contará con postos de artesanía por todo o barrio mindoniense dos Muíños que achegaran a riqueza artesanal de Galicia á cidade episcopal.

Dende a organización e o Concello de Mondoñedo, queren convidar a todo o mundo a que veña a pasar un día artesano en Mondoñedo.