Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

A Asociacion Cabaleiros do Ouro organiza o 22 de xullo as carreiras de andadura do Valadouro

Por 11 Xullo, 2023Sin comentarios

A Asociacion Cabaleiros do Ouro organiza para o vindeiro sábado 22 de xullo as carreiras de andadura na pista ecuestre do Valadouro.

Serán carreiras de andaina serrada e chapeada de menos e máis de 1,50. As medicións dos cabalos de menos de 1,50 realizaranse pola mañá cedo e as outras pola tarde.

Así, as carreiras de serrada de menos de 1,50 serán a apartir das 11.00 horas e as de máis de 1,50 pola tarde ás 16.00 horas.

O prazo para anotarse finalizará o 19 de xullo. As inscricións poderanse facer por WhatsApp nos seguintes números: 654 168 541, 658 846 52, 646 113 287 e 663 985 785.