Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Volve unha edición máis do Mercado Medieval de Alfoz

Por 10 Xullo, 2023Xullo 11th, 2023Sin comentarios

Volve unha edición máis da festa alfocega, o Mercado Medieval, que celebra o seu vixésimo terceira edición os días 14 e 15 de xullo.

A festa comezará o venres 14 ás 21.00 horas prendendo o lume da cerna da historia o que dará paso a danzas medievais, confesións e misterios co Bispo Don Fadrique de Guzmán e na media noite farase a queimada e conxuro.

Na xornada do sábado 15 a festa comezará ás 11.00 horas coa visita guiada dende a ponte ao Castrodouro, na que haberá que inscribirse para participar. Xa ás 11.45 horas será o pregón a cargo de Victor Manuel paz e media hora máis tarde será o nomeamento e imposición de medallas aos Escudeiros do Castro. Durante toda a xornada haberá cetrería, postos para xantar, xogos, música e moitas sorpresas.

Pola noite poderase desfrutar dun espectáculo de lume e do concerto de Xaramolos que pechará a festa.

O que si se sabe é que haberá unha actuación o venres á noite, a inauguración do Mercado será o sábado pola mañá acto no que participará o pregoeiro, e haberá un torneo de cabalos, e postos de cetrería, entre outros.