Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

O CIT A Pontenova prepara unha gran paella popular o venres 28 de xullo

Por 17 Xullo, 2023Xullo 18th, 2023Sin comentarios

O CIT A Pontenova en colaboración do Concello invitan o venres 28 de xullo a degustar a súa gran paella popular que se celebrará na praza dos Fornos a partir das 22.00 horas.

Para poder participar, será necesario inscribirse e retirar as tarxetas antes do día 26 de xullo nos bares Barreiros, Puente,  San Briz ou no Lar de Balbina.

Os socios do Centro de Iniciativas Turísticas que promove a cita, teñen gratis o xantar, pero deben retirar tamén as tarxetas, unha por persoa antes do 26 de xullo. A gratuidade dos socios abarca aos cabeza de familia e aos fillos menores e dependentes economicamente deles. Os que non son socios deberán pagar 15 euros.