Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Mondoñedo acollerá unha nova edición do Merlín Fest

Por 19 Xullo, 2023Xullo 20th, 2023Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá unha nova edición do Merlín Fest que volve contar cunha ampla programación cultural.

Esta cita arrincará este venres 21 de xullo ás 23.00 horas co trío Somoza na praza da Catedral, e o domingo 23 será a quenda de Skadelos na praza do Concello ás 13.00 horas.

O Día do Santiago, o martes 25 de xullo, haberá unha noite folk: Owl light e xógara, no barrio do Muíños ás 21.30 horas. E o seguinte domingo, o día 30 Amorodo Urban&Trap estará na praza da Catedral ás 13.30 horas.

Xa en agosto, o domingo 6, Airband actuará ás 13.00 horas na praza do Concello e o luns 14 haberá sesións de DJ na Fonte Vella a partir das 23.30 horas. Xa por último o venres 18 Tomás Porteiro porá o peche a esta programación na praza do Concello ás 20.30 horas.