Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

As festas na parroquia de Vilameá, na Pontenova, serán esta fin de semana

Por 28 Xullo, 2023Sin comentarios

A parroquia de Vilameá no Concello da Pontenova organiza os vindeiros 4, 5 e 6 de agosto as festas na honra de San Roque e a virxe das Neves.

Comezará ás 22.00 horas cunha churrascada e verbena a cargo da orquestra Galia e o DJ Bombardero. Para asistir á cea haberá que mercas as tarxetas na Zapatería Orli, no Rony Bar ou por teléfono no 686 010 078 ou 686 807 135.

Xa o sábado 5 será a quenda da misa solemne ás 13.30 horas e acto seguido será a procesión polo pobo e a sesión vermú a cargo de Sinfonía que tamén amenizará a verbena da noite co DJ Bombardero.

Na xornada do domingo 6 volverá o oficio relixioso ás 13.30 horas, a procesión e sesión vermú co trío Zafiro.