Skip to main content
Axenda CaducadaBaralla

O Trail Vía Künig volve a Baralla o 10 de setembro

Por 26 Xullo, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

O Trail Via Künig, a carreira que trancorre parcialmente pola variante do camiño francés vía Künig, celebrarase de novo o vindeiro 10 de setembro.

O percorrido por montaña e sendeiros, contará con tres modalidades diferentes de participación. Estas modalidades son VKT42 que conta con 42km de recorrido e 1.200 metros de desnivel e que será para bicicletas, VTK20 con 20km de recorridos e 600 metros de desnivel e VTK10 con 10km de recorrido e 300 metros de desnivel.

Poderán participar todas as persoas maiores de 18, de calquera sexo ou nacionalidade e tamén os menores de idade que aporten autorización de un titor legal.

As inscrición permanecerán abertas ata o 5 de setembro e terán un custo variable dependendo da distancia e da fecha de inscrición. Poden facer na web de champion chip norte.

Coa inscrición a calquera das modalidades e distancias vai incluído unha entrada para o xantar post carreira que se celebrará unha vez se entreguen os premios.
Ademais disporán de duchas para todos os participantes.

Os dorsais pódense retirar o día anterior a proba e o mesmo día ata quince minutos antes da saída. O rematar haberá entrega de premios e unha comida para todos os participantes