Skip to main content
Baralla

Baralla acolle este domingo a XIV Festa do Río de Airiños do Neira

Por 1 Xullo, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Airiños do Neira de Baralla celebra este domingo, 2 de xullo, a súa tradicional Festa do Río, que este ano chega á súa XIV edición.

Esta popular reunión abrtirase ás 13.00 horas coa actuación das escolas do grupo organizador, que servirán para abrir boca antes do xantar, previsto para as 14.30 e que require de inscrición previa.

Despois da comida, sobre as 17.30 horas comezará un programa de animación da xornada, que contará coa actuación de Danio Pardo e tamén do dúo Muralla, que porán o punto musical á sesión vespertina.