Skip to main content
O Corgo

O Corgo contará en agosto coa segunda edición do Mercado de Oficios

Por 3 Xullo, 2023Xullo 4th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños Os 5 Ríos, en colaboración co Concello do Corgo, convocaron para finais do mes de agosto unha segunda edición do Mercado de Oficios.

Esta cita, que se celebrou o ano pasado con grande éxito, tenta recuperar a tradición dos grandes mercados e feiras parroquiais, das que no Corgo, só quedan dúas representacións importantes, a de Gomeán e a de Adai.

Este ano, o II Mercado de Oficios será os días 26 e 27 de agosto e segundo avanzaron desde a organización, haberá degustación de cordeiro á Grella, exposición de maquinaria nova e usada, mostra de oficios e artesanais e actuacións musicais con máis sorpresas.

Polo momento, xa está aberto o prazo para inscribirse na feira, que pode facerse a través dos teléfonos 686 625 657, 670 833 909 e 648 063 894.

Ademais, este domingo, 9 de xullo, volve celebrarse o mercado mensual xunto á Cámara Agraria, tamén organizado pola asociación veciñal. Está aberta a participación de vendedores, que deberán reservar nos teléfonos anteriores. Está prevista unha exposición de venda de cabalos e ás 13.30 farase o sorteo dunha cesta doada polo Café Andaina.

Tamén haberá postos de polbo.