Skip to main content
O Corgo

Daniel Castro critica o estado das infraestruturas do interior nunha visita ao Corgo

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

O cabeza de lista do BNG ao Congreso, Daniel Castro, desprazouse ata O Corgo, onde comprobou de primeira man o avanzado estado de desgaste da N-VI ao seu paso por este concello. Daniel Castro afirmou que “só un grupo galego forte da man do BNG defenderá as necesidades de Galiza en materia de infraestruturas”, e engadiu “no Corgo temos un exemplo de como o estado esqueceu as infraestruturas de Lugo, cunha N-VI nun avanzado estado de desgaste”. Daniel Castro destacou que “non só no Corgo podemos ver o esquecemento ao que o goberno do estado somete á veciñanza de Lugo, hai máis dun ano do colapso do viaducto da A-6 e seguimos sen ter unha data fixa para a súa restauración”.

“Se todo isto pasase nas proximidades de Madrid, xa estaría solventado”, afirmou o candidato do BNG, quen destacou que a mellora das infraestruturas e das comunicacións do interior de Galiza “é un dos 10 puntos do decálogo de compromisos que o BNG levará ao Congreso na vindeira lexislatura”.

“A A-6 e a N-VI son infraestruturas clave para Galiza, e levan moito tempo sendo tratadas como un asunto menor por parte do goberno do Estado”, afirmou Daniel Castro, que engadiu “desde o BNG reclamaremos un plan de acciín integral que mellore as infraestruturas do interior da Galiza, atendendo ás necesidades reais das e dos galegos e garantindo unhas conexións dignas”.