Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada acolleu unha xornada sobre diversidade da Fundación Ingada

Por 2 Xullo, 2023Sin comentarios

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou onte no IX Camiño da Diversidade, unha actividade educativa e de ocio organizada pola Fundación Ingada consistente nunha marcha que percorreu un treito do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela, desde a igrexa de Fonfría ata a praza de España deste concello lucense.

O obxectivo principal desta iniciativa foi concienciar á sociedade en xeral sobre a importancia de respectar a diversidade de cada un, sen exclusión; así como fomentar a integración e o desenvolvemento digno das persoas por moi diferentes que sexan. Ademais, esta proposta serviu para promocionar valores como a solidariedade, o compañeirismo, o respecto e a vida saudable.

Entre las actividades previstas destacou a actuación do grupo musical Reyn Band, a visualización do espectáculo A Peregrina Máxica con que se pretendeu dinamizar a xornada, así como un concurso por grupos para visibilizar a cultura de diferentes países.