Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

A novena edición da Ruta dos Lobos da Fonsagrada xa ten aberto o prazo de inscrición

Por 17 Xullo, 2023Sin comentarios

A novena edición da Ruta dos Lobos terá lugar o vindeiro 30 de setembro na Fonsagrada e contará con dúas modalidades de participación. Unha ruta corta con un desnivel de 950 metros e unha distancia total de 23 quilómetros e unha ruta larga cun desnivel 1.800 metros e una distancia total de 47 quilómetros.

A hora de saída será as 11.00 dende a praza do Concello de Fonsagrada coa entrega previa de dorsais o venres anterior de 7 a 9.30 e o mesmo sábado da competición de 8 a 10.30. Haberá agasallo conmemorativo para os participantes, medallas e custodia de bicicletas. O sabado 30 os participantes tamén poderán desfrutar dunha cea de fabas con xabaril, tenreira da Fonsagarda, sobremesa, café e chupito e agasallos.

 As inscripcións poden realizarse en na web deportiva e ata o 15 de agosto terán un regalo conmmemorativo do evento. A partir 15 de agosto non se realizarán devolucións de inscrición, e dende o 15 de agosto subiría o prezo para o segundo tramo.