Skip to main content
A Fonsagrada

Os empadroados en Negueira de Muñiz poderán usar a piscina municipal da Fonsagrada

Por 15 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada vén de comunicar que a piscina municipal tamén podera ser usada gratuitamente polos empadroados no concello veciño de Negueira de Muñiz.

Así, tan só terán que cubrir a folla de inscrición e entregala nas instalacións ou nas oficinas municipais e poderán desfrutar das instalacións.

Esta piscina atópase na estrada LU-740, Km 0, 800. Para máis información haberá que chamar aos teléfonos 982 340 449 ou 982 340 449.