Skip to main content
Lugo

Daniel Castro reuniuse con colectivos LGBT para coñecer os servizos destas asociacións

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

O cabeza de lista do BNG ao Congreso, Daniel Castro, mantivo unha xuntanza cos distintos colectivos LGBT de Lugo. Daniel Castro trasladou o apoio do BNG ao colectivo nun ano que está a ser difícil debido ao incremento exponencial das agresións nas rúas e os discursos de odio nas redes sociais, e puido coñecer de primeira man as distintas actividades e servizos que prestan as asociacións lucenses.

“Recollemos as distintas reclamacións que nos fixeron chegar as integrantes dos colectivos LGBT de Lugo, e traballaremos no Congreso e en todas as institucións para conseguir melloras na lexislación e na calidade de vida das persoas LGBT”, explicou Daniel Castro, que engadiu “desde o BNG apostamos pola formación e a educación como ferramenta transversal que poña freo ás discriminacións que sofren as persoas LGBT. Garantindo que as rúas sexan espazos seguros”.

Neste sentido, o candidato do BNG trasladou ás distintas asociacións presentes que “o BNG mantvio historicamente unha posición de defensa dos dereitos da comunidade LGBT”, desde a primeira manifestación do Orgullo na Galiza que tivo lugar en Vigo en 1981 até a primeira proposta sobre dereitos trans que se levou ao Parlamento Galego en 1999, “seguiremos traballando xunto a organizacións e activistas para garantir os dereitos das persoas LGBT na Galiza”, afirmou Daniel Castro.