Skip to main content
Lugo

Xaquedrum ten en marcha un campamento semanal no CEIP Illa Verde

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez en colaboración co Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Dirección xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Colexio Illa verde e Deporte Galego puxo en marcha por séptima vez o Campamento de Xadrez de verán 2023.

O obxectivo que se persegue con este programa é a de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes. E ao mesmo tempo, facilitar a vida laboral e familiar dos lucenses.

O horario será de nove da mañá ás catorce horas. Existen prazas limitadas nas diferentes quendas semanais que se realizarán ata o 8 de setembro. Para inscribirse poderase facer no teléfono 657974937 e no email xaquedrum@gmail.com. O custo do campamento é 60 euros e 12 euros, se se apunta por días soltos. Haberá desconto para alumnos do Illa Verde e da Escola de Xadrez. Tamén haberá descontos para os que collan máis dunha semana.

Cada campamento será de luns a venres con servizo de madrugadores (desde as 8.00 horas) e de tardones (ata as 15.00 horas). Está dirixido a nenos de 4 a 17 anos.

Ademais de xadrez, haberá outras actividades como obradoiros, reciclaxe, torneos, manualidades, festa da auga, contacontos ou deportes, entre outros moitos.