Skip to main content
Lugo

Arroxo acusa ao PP de descoñecer a normativa de accesibilidade, que se aplica en Camiño Real

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

O tenente alcalde afirmou que “a peonalización de Camiño Real vai cumprir, como non podería ser doutra maneira, coa normativa estatal vixente”.

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, respostou ás declaracións do Partido Popular acerca da peonalización do treito final da rúa Camiño Real. Penas explicou que “o PP demostrou unha vez máis o seu descoñecemento da normativa actual a respecto de accesibilidade”, e engadiu “a Xunta de Galiza, gobernada polo PP, leva unha década sen actualizar a súa normativa de accesibilidade, polo que se está a aplicar a normativa estatal máis actualizada”.

Os 4 milímetros de altura máxima aos que se refire o PP aplícanse ao pavimento, tal e como aparece publicado no artigo 11 Orde do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana TMA/851/2021, do 23 de xullo, publicada no BOE do 6 de agosto do 2021. No respectivo aos alcorques, como elementos separadores entre o pavimento e as zonas axardinadas, o artigo 12 da mesma orde marca unha altura mínima de 15 cm, que serán as medidas que se apliquen na rúa unha vez os traballos estén completamente rematados.

Rubén Arroxo afirmou que “novamente vemos unha mostra do descoñecemento do PP a respecto da normativa vixente”, e afirmou que “o PP debería confiar no traballo das e dos profesionais e evitar atacar o seu traballo”.

Os traballos de peonalización do treito final da rúa Camiño Real están xa na súa última fase. Esta nova zona contará con árbores que crearán unha zona de paseo con sombra, un mellor acondicionamento ambiental, e un mobiliario urbano totalmente renovado. Desde o Goberno de Lugo búscase que esta zona da cidade sexa, segundo explicou Alexandre Penas “unha nova zona peonil na contorna da Muralla, que avance na recuperación de espazos na zona norte do monumento ao mesmo tempo que se crea un espazo agradable e acolledor para a veciñanza”