Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro e Cristina López visitan as Residencias Artísticas do Vello Cárcere

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron xunto ás integrantes do colectivo RPM o Centro Sociocultural O Vello Cárcere que, por sétimo ano consecutivo, acolle o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas.

Un ano máis, a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua apoia esta actividade co obxectivo de “fomentar a aparición de proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística luguesa”, indicou Maite Ferreiro. Do mesmo xeito, preténdese normalizar o concepto de residencia artística, algo “fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galiza”.

Por segundo ano consecutivo auméntanse o número de Residencias Paraíso, que nesta ocasión contará con dúas. Para iso, estas súmanse ás Residencias Atopémonos Bailando, organizadas por esta Área e a programación LED (Lugo en Danza), e que, segundo a edil de Cultura, “supoñen unha clara aposta da Concellería polas artes do movemento e polo apoio á creación artística e á cultura en xeral”.

Cada residencia terá unha duración de 2 a 3 semanas cunha mostra final do traballo realizado. A primeira proposta, What looks at me sorroundings me da artista Alejandra Pombo, foi seleccionada para o Vello Cárcere polo espazo de represión recuperado para a actividade cultural en consonancia coa diferente tipoloxía das propostas que, ao sumarse, favorecen o traballo das diversas fases do proxecto artístico.

Alejandra Pombo

Alejandra Pombo é artista transdisciplinar que vén das Belas Artes cunha longa traxectoria na performance que presentou un proxecto arredor da capacidade expresiva do berro como unha reivindicación da animalidade do ser humano.

Trátase dunha artista cun proxecto riguroso e ben articulado, que estará acompañada por Berio Molina e Xoán Xil López. A súa residencia durará as 2-3 semanas previstas cunha mostra final o día 15 de xullo.