Skip to main content
Lugo

Remata o mural realizado na parroquia luguesa de Torible

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

Esta nova proposta “busca dinamizar as distintas zonas de Lugo co concepto de mural como arte pública”.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizo para a veciñanza, Cristina López, desprazáronse ata Torible onde se reuniron coa presidenta da Asociación de Veciños para presentar unha nova iniciativa artística que axudará a dinamizar as distintas zonas Lugo. O concepto central da campaña é o mural realizado en Torible, co lema #EuSonDeTorible.

A concelleira Cristina López destacou a importancia que lle dan os lucenses á vida nas distintas zonas da cidade, cada unha delas “cunhas características especiais que os fan únicos”. Con esta iniciativa búscase “poñelos en relevo, porque queremos un Lugo activo, saudable e con boa calidade de vida”.

O proxecto, que xa comezou no barrio da Cheda, aomplíase a Torible, creando “atractivo para que a xente de Lugo e a que nos visita poida desfrutar dela, e ao mesmo tempo, percorrer as distintas zonas que conforman a Lugo”.

Dende a Área de Participación e Servizo para a veciñanza convídase a que a veciñanza de traslade as súas peticións para levar a cabo esta iniciativa de identidade e orgullo. Poden facelo a través do Servizo de Atención 010 ou mediante o teléfono 982297053.